A CORUÑA

A 40 minutos en coche, A Coruña merece unha visita aínda que só teñas unha tarde. É unha cidade luminosa, acolledora, totalmente aberta ao mar e cun monumento que de por si xustifica a viaxe, a Torre de Hércules, símbolo da cidade e único faro romano que segue en funcionamento. A súa vista permite contemplar unha das postas de sol máis espectaculares da costa atlántica e a contorna é impresionante se a visitamos nun día con moito mar.

A Coruña é coñecida como a “cidade de cristal” pola gran cantidade de galerías que ten vistas ao mar. O seu centro está na zona do Obelisco, onde se concentra gran parte da vida herculina. Paga a pena visitar os xardíns e cantóns de Méndez Núñez e os arredores da Praza de Lugo, salpicados de edificios modernistas.

As galerías da Marina danlle o nome de “cidade do vidro”.

Subindo cara á cidade vella, a Praza de María Pita ou Praza do Concello lembra a heroína da loita da cidade contra os corsarios de Sir Francis Drake, en 1589. Unha vez alí, é fácil recorrer o centro histórico, onde paga a pena visitar a Igrexa románica de Santiago, a Praza de Azcárraga, a Colexiata de Santa María e o Convento e Praza de Santa Bárbara.

Tamén é imprescindible visitar o xardín de San Carlos, miradoiro sobre a cidade que alberga a tumba do xeneral Moore, falecido na batalla de Elviña entre ingleses e franceses.

O Paseo Marítimo, que rodea a cidade durante 10 km; as vistas dende o Monte de San Pedro e o seu ascensor en forma de burbullas; e os Museos Científicos (Acuario, Domus e Casa das Ciencias) completan a extensa lista de atractivos da capital provincial.

Descarga aquí ou folleto informativo