CASA BACHAO

Tranquilidade, paisaxe e tradición galega a poucos minutos de Santiago

SITUADA NOS CONTORNOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CASA GRANDE DO BACHAO É A OPCIÓN ÓPTIMA PARA COÑECER A CIDADE E DISFRUTAR DUN ENTORNO IDÍLICO.

Na Casa Grande do Bachao o tempo parece que se detivo. Cuartos amplos e silenciosos, unha decoración rechamante pola súa elegancia e bo gusto, e o aire da montaña galega, proporcionan á casa un ambiente moi especial. Bachao é un conxunto arquitectónico do século XVIII formado por dúas casas, hórreos, cruceiros e grandes terrazas de pedra. A lembranza dos paisanos das aldeas próximas indica que se trata dunha antiga propiedade eclesiástica desamparada. A casa foi reformada con moito coidado polo seu propietario hai dúas décadas. Os seus muros centenarios proporcionan espazos moi frescos no verán e manteñen a calor das lareiras no inverno. Na contorna, a finca descende verde e ondulada cara á beira do río Tambre, describindo unha paisaxe que rezuma tradición e cultura galega.

O EFECTO BACHAO

Cuartos con diferentes ambientes, piscina exterior, sauna, paseos, paz e silencio, forma parte do que ofrece Bachao, un lugar para perderse en pleno centro de Galicia, desde onde se pode chegar rapidamente a Santiago de Compostela e outras capitais e comarcas galegas. . Pero é moi posible que unha vez aquí xa non queiras moverte. O efecto Bachao cativa aos nosos hóspedes. Pola mañá, un almorzo caseiro e abundante mirando cara ás montañas de Bachao será unha das experiencias máis reconfortantes da súa estadía. Durante todo o día podes decidir entre percorrer os camiños próximos, contemplar o solpor, pasear a cabalo, xogar ao golf ou simplemente relaxarte nun auténtico entorno rural galego.

CONVIDÁMOSTE A COÑECERNOS

Estamos á túa disposición en Bachao para o que necesites

Javier Propietario

Bachao é o lugar que escolleches para vivir e compartir.