«Todas teñen unha ‘foto’ pola súa fiestra, do cruzeiro, do bosque, da eira, da vide. Doce salas para doce experiencias, todas elas dedicadas a personaxes vinculados ao Camiño de Santiago.

Non en balde, está moi preto da capital Compostela, a tan só 15 minutos desta cidade cosmopolita e ao mesmo tempo nun entorno natural, á beira do río Tambre. Aloxamento nun edificio histórico, rural e familiar rodeado dun bosque de 150 hectáreas que garante paz e tranquilidade. Para facer máis agradable a estancia está El Figón de Bachao, cuxa cociña de autor se basea nunha coidada selección de produtos de tempada de Galicia, moitos deles da súa propia horta ou dos veciños.